Directo: Breogán - Araberri
Retransmisión en directo do encontro Cafés Candelas Breogán - Araberri, correspondente á décimo quinta xornada da LEB Oro, este sábado no Pazo dos Deportes de Lugo ás 20:15 horas
Lugo
O CB Breogán mídese este sábado a partir das 20:15 horas no Pazo dos Deportes de Lugo ao Araberri, na décimo quinta xornada da liga LEB Oro de baloncesto.
Os de Natxo Lezkano buscarán sumar a súa décima victoria para non desolgarse así do dúo de cabeza que forman Palencia e Retabet Gipúzkoa. Ambos conxuntos venceron este venres os seus encontros e xa suman 11 victorias.
O Araberri chega a Lugo coas mesmas victorias que o Breogán e cun equipo que destaca pola súa efectividade dende a liña de 6.75. Natxo Lezkano agarda que o partido lles esixa aos celestes moito esforzo a nivel mental.