Hoy por Hoy Matinal OurenseHoy por Hoy Matinal Ourense
Actualidad
CONCELLO

O Concello concédelle licenza ás obras de ampliación da Laboral

Tres convenios de colaboración daranlle apoio ás actividades que realizan Comité AntiSIDA, ATOX e Proxecto Home.

Tres convenios de colaboración daranlle apoio ás actividades que realizan Comité AntiSIDA, ATOX e Proxecto Home. / Miguel Bernárdez

Tres convenios de colaboración daranlle apoio ás actividades que realizan Comité AntiSIDA, ATOX e Proxecto Home.

Ourense

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, celebrada esta semana, acordou concederlle á Xunta de Galicia unha licenza de obra para a ampliación do IES Universidade Laboral de Ourense -rúa da Universidade, 18-. O proxecto de dita ampliación, que incrementará a oferta lectiva e de lecer da institución académica, suporá un investimento de 289.733,89 euros.

Na sesión desta semana, presidida polo alcalde, Jesús Vázquez, aprobáronse ademais outros 18 asuntos achegados polas diferentes áreas municipais. Entre eles, cómpre salientar os convenios de colaboración con tres entidades asistenciais: Comité antiSIDA, ATOX e Proxecto Home, ás que o Concello destinará unha achega económica de máis de 64.000 euros e a concesión de uso de 33 hortos municipais sitos en Montealegre e na marxe do Barbaña.

Urbanismo. A Xunta Local aprobou conceder dúas licenzas de primeira ocupación de vivendas en Seixalbo, a modificación do protocolo para o proxecto da equidistribución do AR 26 O- Polvorín, e a apertura de expediente sancionador á organización do evento “Magosto de sempre. Montealegre”, por infracción ao colocar un cartel anunciador na fachada dun inmoble da Praza Maior de xeito ilegal segundo a Ordenanza de publicidade exterior.

Asuntos Sociais e Sanidade. Foron tres os convenios de colaboración aos que se lles deu luz verde na sesión de hoxe, cun importe de 64.000 euros. O primeiro deles, co Comité Cidadán Anti-sida de Ourense para o desenvolvemento dun programa de saúde encamiñado ó consumo de menos risco, por importe de 21.342 €. Tamén se chegou a un acordo coa Asociación de Axuda ó Toxicómano” (ATOX) para o desenvolvemento do programa de apoio residencial para drogodependentes, pr un importe de 21.342 €. Finalmente, coa Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home para o desenvolvemento de prevención e reinserción en réxime residencial de Condutas aditivas para drogodependentes, por importe de 21.342,00 €.

Educación. En materia de Educación, aprobouse o nomeamento de representantes do Concello de Ourense en Consellos Escolares dos Centros Públicos radicados no termo municipal.

Xestión Económica. Aprobouse o recoñecemento extraxudicial de créditos no relativo a 6 facturas correspondentes a gastos realizados no exercicio 2015, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no devandito exercicio, por un importe de 7.681,47 euros.

Hortos municipais. No tocante á Concellería de Medio Ambiente, procedeuse a aprobar o outorgamento hortos municipais sitos en Montealegre e Mariñamansa - Paseo do Barbaña, a 33 veciños e veciñas da cidade que os solicitaron e obtiveron mediante o procedemento de sorteo público previsto nas bases da convocatoria, que se celebrou o pasado día 21 de novembro.

Avogacía consistorial. A Xunta de Goberno Local deu conta de que o Concello foi emprazado para comparecer e persoarse nos seguintes procedementos xudiciais:

- Ante o Xulgado do Contencioso Administrativo num. 2 de Ourense, nun procedemento interposto contra o arquivo do expediente de disciplina urbanística toda vez que unhas obras realizadas en Paseo-19 se atopan amparadas pola licenza concedida por Decreto de 2 de xaneiro de 2015.

- Ante o Xulgado de Instrución num. 2 nas dilixencias previas sobre un delito grave de resistencia á autoridade e danos en bens municipais, como se reflicte no atestado da Policía Local.

- Ante o Xulgado de Instrución num. 2 nas dilixencias previas sobre condución baixo influencia de bebidas alcólicas e danos en bens municipais como di o atestado da Policía Local.

- Ante os Xulgados do Social número 1 e 2 de Ourense, en senllos procedementos de persoal interpostos por unha traballadora que reclama diferencias salariais por importe de 7.279 euros e un traballador, funcionario interino desde 2013, que reclama que se lle recoñeza como persoal laboral indefinido non fixo con antigüidade desde xuño de 2009.

Do mesmo xeito, aprobouse a corrección dun erro de redacción detectado no acordo núm. 3 da Xunta de Goberno Local de novembro de 2016 e deuse conta de que o Xulgado do Contencioso-administrativo numero 1 de Ourense, ditou Sentenza no procedemento interposto por unha veciña que se mancou como consecuencia dunha caída no Pavillón dos Remedios. A sentenza estima en parte o recurso da veciña e o Concello deberá indemnizala con 12.279,98 euros no prazo de máximo de 20 días. A sentenza é firme, e contra a mesma non se pode interpoñer recurso de apelación.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00