Hoy por Hoy Matinal OurenseHoy por Hoy Matinal Ourense
Actualidad
MEGAXOVE

Megaxove recibiu máis 4.000 visitas nas súas dúas primeiras xornadas

O Salón da Xuventude celébrase en Expourense ata o vindeiro xoves 8 de decembro e convoca unha nova “Operación Quilo” para a recollida solidaria de alimentos

O Salón da Xuventude celébrase en Expourense ata o vindeiro xoves 8 de decembro e convoca unha nova “Operación Quilo” para a recollida solidaria de alimentos / Expourense

O Salón da Xuventude celébrase en Expourense ata o vindeiro xoves 8 de decembro e convoca unha nova “Operación Quilo” para a recollida solidaria de alimentos

Ourense

O salón da Xuventude que se está a celebrar estes días festivos en Expourense xa recibiu máis de 4.000 visitas entre os dous primeiros días do evento. Na xornada de hoxe se desenvolveron diferentes campionatos deportivos que achegaron ata o recinto a numerosos equipos e clubes de toda a comunidade.

O Karate foi unha das actividades con máis afluencia na xornada de onte, que convocou a escolas de toda a provincia de Ourense para participar no VII Open Internacional de Karate. Asemade, o Campionato Galego de Técnica de Halterofilia nas súas diferentes categorías presentou unha competición moi completa e dinámica.

Pola súa parte, o Wushu ten en Megaxove o escaparate idóneo no que este deporte minoritario chama moito a atención dos visitantes, non só polos coridos atuendos se non tamén pola peculiaridade dos movementos e as técnicas que empregan, feito que se demostrou durante a Copa Megaxove de Wushu tanto de adultos como infantil.

Na xornada de onte tamén se desenvolveu a primeira edición do Torneo BabyBasket, no que competiron nenos de menos de 8 anos de idade chegados de diferentes puntos da provincia; así como tamén minicompeticións de atletismo ao redor do recinto que organizou o Club Ourense Atletismo.

Hoxe mércores, terá lugar, como novidade, un obradoiro de prevención de violencia de xénero e acoso escolar para previr e identificar casos. Esta actividade está coordinada pola Fundación Cipri Gomes, e será ás 17:00 horas no salón de actos de Expourense.

Neste “Obradoiro de prevención de violencia de xénero e acoso escolar” participan Dolores Nieto Campos, profesora e autora de numerosos artigos en prensa especializada; Roberto Valente, Guardia Civil especializado en Ciber Acoso; Carlos Fernández Gómez, Profesor e precursor do Programa protocolario sobre Mediación Escolar; e Cipriano Gomes, Instructor de Defensa Personal. Durante as súas intervencións, os conferenciantes explicarán e darán consellos de cómo actuar ante os abusadores físicos e cibernéticos tanto en casos de violencia de xénero e de acoso escolar ou bullying.

No ámbito deportivo, cabe destacar a exhibición de Haidong Gumdo (arte marcial de manexo dunha espada tradicional coreana), que terá lugar mañá mércores ás 18 horas, e que estará impartida polo Maestro Lee, introdutor e fundador en España desta novidosa arte marcial coreana, así como responsable da súa difusión no noso país.

Participación aberta a todos

Ademais das actividades xa mencionadas, Megaxove ofrece moitas opcións de entretemento e diversión para aqueles mozos ou nenos que, acompañados polas súas familias, se acheguen ata Expourense durante estes días. Aquí poderán atoparse dende inchables, carruseis, ludochán e bebechán, ou xogos populares, ademais de obradoiros de multitude de traballos manuais. Estes xogos tradicionais convivirán coa Ciber Aula e coa Zona de videoxogos.

No salón tamén se atopan actividades para público adolescente, a partir de 10 ou 12 anos, como é o caso das enmarcadas na área denominada “Pulpo Extreme” que ofrecerá actividades o obradoiros de Skate, Roller e BMX. Tamén hai obradoiros de circo e malabares, campionato FIFA e de Megasalextric, así coma numerosas competicións deportivas.

Megaxove convértese así na mellor opción nestes días de festividade e nun evento dirixido a toda a familia onde gozar pero tamén aprender a ser solidarios.

Como é habitual nas citas de Expourense, os visitantes que decidan achegarse ata Ourense en tren poderán obter un 35% de desconto en RENFE (inclúe AVANT) que se pode consultar en www.expourense.org.

Megaxove, de entrada gratuíta, permanecerá aberto en Expourense ata o xoves 8. O horario será de 10.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h. mañá mércores e de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. o xoves. O programa actualizado pódese consultar na web www.expourense.org.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00