Hora 14 LugoHora 14 Lugo
Actualidad
Manuel María

Unha aplicación móbil sobre a poesía de Manuel María gaña un premio internacional

A plataforma reúne viente poemas do autor de Outeiro de Rei

Manuel María(Fundación Manuel María)

Manuel María

Lugo

A Casa Museo Manuel María vén de informar da posta en marcha dunha aplicación móbil sobre o poeta de Outeiro de Rei creada por Alberto Suárez, alumno do IES David Buján de Cambre.

O secretario da Casa Museo, Alberte Ansede, expuxo que esta aplicación gratuita foi creada e desenvolvida polo propio alumnado no que se refire á programación e o deseño gráfico, a través dos departamentos de Debuxo e Lingua Galega do instituto.

Recolle viente poemas do poeta distinguido coas últimas Letras Galegas, Manuel María, dez deles ilustrados por un grupo de debuxantes de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato e outros dez recitados polo propio escritor.

A plataforma acaba de ser premiada o pasado mes de outubro como a aplicación "máis creativa" no concurso mensual de App Inventor, que coordina unha iniciativa mundial de código aberto creada por Google e xestionada desde o Instituto Tecnolóxico de Massachusets.

Alberte Ansede, secretario de la Fundación Manuel María, sobre una aplicación móvil de poesía de Manuel María (23/11/2016)

01:00

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1479903961_243270/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00