Más deportes | Deportes
Pescados Rubén Burela

Importantes victorias del Burela FS

El equipo masculino vence a Peñíscola y las de Lucas hacen lo propio con Móstoles

Burela fs

Lugo

O Pescados Rubén Burela FS puido sumar a segunda vitoria da tempada, e na casa fronte ao Peñíscola RehabMedic (3-2) nunha cita moi igualada na que os mariñáns foron máis efectivos. A escuadra laranxa respondeu á petición de concentración plena de Daniel Ibañes, mostrando unha boa defensa e apertando, pero sobre todo sen cesar na loita.

  • FICHA TÉCNICA

No minuto 5, Juan Carlos, nunha diagonal, adiantaba o Peñíscola logo dunha ocasión do propio 9 castellonense, só ante Álex. Os de Daniel Ibañes reaccionaron dando un paso adiante e en menos dun minuto chegou o empate, de Cuco en combinación con Matamoros, tras erro defenvivo dos de Albert Canillas. Íker López salvou o segundo dos galegos a 10 segundos para o ecuador do primeiro acto cun pé prodixioso ante Bellvert. Viviu a Bomboneira uns últimos minutos co cadro laranxa máis á expectativa en media cancha, condicionado polas cinco faltas, e buscando a verticalidade no perigo sobre a meta rival.

Volveu rodar o esférico con avisos en ambas as liñas nos dous primeiros minutos, con moito traballo para as defensas in extremis, con salvación de Antoñito polos laranxas e Iván Rumbo polos levantinos. Case sorprende Carlitos nos seguintes compases en xogada de estratexia, cun Íker moi atento.

O gol de Iago Rodríguez, no minuto 24 en parede con Cuco, era a inxección de moral que necesitaban os mariñáns. Aceleraron unha marcha para imprimir un axexo sen tregua sobre a rede de Íker. Avisou Petry por partida dobre antes de que chegase o terceiro, nas zapatillas de Matamoros desde fóra da área buscando o oco polo centro (minuto 26). O 10 laranxa estivo a piques de anotar o cuarto segundos despois, cun balón nunha pelexa na área que acabou en mans de Íker.

Con ritmo máis frenético, os castellonenses conseguiron manter o ronsel dos laranxas acurtando distancias rozando o ecuador con Carlinhos. Nuns minutos de continuas idas e vindas unhas das mellores oportunidades protagonizáronas Petry, de tacón, no 34, e Antoñito, só en galopada fronte á prodixiosa man de Íker. A falta de tres minutos e cincuenta segundos, Yeray capitaneou o xogo de cinco sen éxito.

As rapazas venceron 4-3 ao Móstoles

  • FICHA TÉCNICA

As pupilas de Lucas e Julio Delgado ataron con uñas e dentes os tres puntos de Vista Alegre na visita de Móstoles FSF (4-3). Con bo xogo por momentos e xerando ocasións, o Pescados Rubén Burela FS chegou a dispoñer dunha vantaxe de 4-1 nos primeiros minutos do reicinio, que conseguiron acurtar as visitantes apostando pola porteira-xogadora.

A xenialidade da pichichi laranxa fixo acto de presenza nas primeiras transicións. Nun balón rápido Dany inaugurou o luminoso, cando había transcurrido 1 minuto e 1 segundos. Adiantaron filas as visitantes para evitar as incisivas e rápidas chegadas das mariñás. Con todo, as galegas buscaron as alternativas necesarias. No minuto 7, Cilene puxo en pé á Bomboneira cun gol desde a pista laranxa, con Etayo un pouco adiantada.

Unha das primeiras ocasións das de Móstoles chegou na medianía do primeiro acto, cun disparo de Celia que se paseou por diante da liña de meta burelista. Nos seguintes tres minutos tivo máis traballo a porteira burelista, pero sen complicacións ata que María Otero reduciu distancias a falta de cinco minutos para o descanso recollendo o balón de Patri Chamorro, bloqueada por Jozi. Shio en última liña non puido evitalo. Antes (minuto 13) había ter o terceiro Sofía nas súas zapatillas tras parede con Lara.

Bea Mateos, asistida por Shio, anotou o terceiro burelista no reinicio, no minuto 22. O tándem hispano-nipón tamén deixou o seu autógrafo no cuarto, no minuto 25. Shio tan só tivo que empuxar ao bordo da liña de meta o disparo da 14 burelista. Tras un balón de ouro de Elvira, sóla ante a rede mostoleña, no 26, as visitantes recorreron ao xogo de cinco, co que puideron reducir distancias no 28, de Celia (4-2). Antes Elvira perdoara a porta baleira. Antes de cumprirse a medianía do segundo acto Inma apertou máis o electrónico nunha rápida saída. As locais fixeron valer a fortaleza da Bomboneira para sumar tres novos puntos, podendo ser máis cómoda a vitoria, con ocasión a porta baleira a falta dun minuto e medio para a bucina fina e nunha gran xogada persoal de Dany a falta de 1 segundos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00