SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Deportes
Pescados Rubén Burela

O Burela FS tentará sorprender ao todopoderoso Barcelona

Daniel Ibañes recupera a Isi para o partido

Burela fs

Lugo

Vista Alegre vivirá a primeira festa de 2016-17 como Día do Club coa visita de colosal FC Barcelona Lassa (21.00 horas), con emisión en directo por streaming en radiolugo.gal.

Un dos protagonistas laranxas sobre o parqué será o andaluz Sebastián Vargas Otero, Chano, case acabado de aterrar do seu debut coa Selección Española: “Aínda que só foron tres días aprendín moito e sobre todo gocei, gocei moitísimo. O gol no segundo partido foi a guinda ao pastel, aínda que ao final o que máis satisfai é facer un bo traballo, pero evidentemente se podes marcar, moito mellor”, explicaba o 11 burelista tras a súa participación coa vermella nos amigables con vitoria fronte a Francia en Limoxes.

  • CONVOCATORIAS

“É unha inxección de enerxía e ánimo impresionante para seguir facendo as cousas ben con Burela. Volvín moi ben, na sesión de xoves atopeime un pouco canso porque viña da viaxe, pero todo foi moi ben. Os meus compañeiros felicitáronme e interesáronse moito pola miña experiencia”, explicaba Chano tras o reencontro co cadro mariñán en Vista Alegre, a pouco máis de 24 horas para recibir a un dos grandes da elite.

A escuadra de Daniel Ibañes terá un reto nada envexable por diante. Regresa á Bomboneira co gran desafío de reatoparse coa vitoria e ampliar os ata agora 3 puntos recollidos ante o Santiago hai dúas xornadas. Os cataláns recalan con 9 puntos, tras a derrota inaugural na casa de Peñíscola (3-2) e encadeando tres triunfos (Cartagena 5-4, Jumilla 3-11 e Gran Canaria 4-2).

“Non é mellor rival nin é o mellor momento porque empezamos a liga con certas dúbidas, algo irregulares, facendo partidos moi bos e outros bastante máis xustos. É un momento no que temos que coller boas sensacións e facer puntos, e para iso o Barça non é o mellor rival pero aquí na casa podemos competir. Se estamos concentrados podemos sacar o partido adiante. Ao final depende máis de nós que do Barcelona, sabemos que eles van estar ben, son un equipazo cun vestiario amplo na que calquera xogador mantén un nivel altísimo” reflexionaba o 11 laranxa.

Á convocatoria de Daniel Ibañes regresa Isi, que non puido xogar na pista de Magna, por unha rotura de fibras. Bruno Petry, parado boa parte da semana por unha contractura, e Iago Míguez, por un proceso gripal, chegarán minguados.

Difícil compromiso para Burela FS

03:28

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

  • Arrecendo a derbi ante o ourense envialia
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00