SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Deportes
CD Castro

Derrota do Castro na casa que o achega á zona de descenso

Os de Iván Lamas melloraron na segunda metade cando xa perdían por 0-2, pero non foi suficiente

Un lance dun Castro - Villalonga / Facebook CD Castro

Lugo

O Castro deixou na cuneta os tres puntos ante un rival directo na pelexa pola permanencia como é o Villalonga. O cadro pontevedrés levouse a victoria nunha primeira metade na que logrou os seus dous goles. O conxunto de Iván Lamas apretou no treito final aínda que non tivo a pegada suficiente nin o empuxe necesario para encerrar ao cadro de Antonio Fernández no seu campo. A escadra vermella queda a dous puntos da zona de descenso directo mentres que o Villalonga afástase un pouco máis do perigo.

  • FICHA TÉCNICA

O equipo visitante mollou na súa primeira ocasión. Iván Renda cabeceu un saque de esquina ao fondo das mallas nada máis comezar. Yebra, a contrapé, non puido facer nada máis que mirar a pelota dentro da súa portería. O Castro tratou de reaccionar e Omar a piques estivo de firmar o empate nunha bonita vaselina. A posesión xa era do Castro e cando máis preto parecía o gol dos locais, o Villalonga encontrouse cun penalti a Cerqueiras. Javi Pazos non fallou dende os once metros cun lanzamento raso ao medio.

O Castro volveu á carga. Nano aproveitou un rexeite e sacou un bon disparo, que Iván Parada despexou a corner. Javichu tentouno tamén cun remate dende o vértice da área, que se marchou alto.

A segunda metade comezou con susto: Cesión de Yebra que terminou cun lanzamento á barreira dende dentro da área. Richi perdoou a sentenza para o Villalonga e deixou con vida ao Castro. Edrosa avisou cun lanzamento cruzado que se foi fóra. O que non fallou foi Hugo Buide, que marcou entre as pernas de Iván Parada nun man a man. A partir de aí, os de Iván Lamas tentárono nalgún centro lateral. O Villalonga defendeu con uñas e dentes e non viu peligrar os tres puntos ante o tímido intento de acoso local.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00