O Burela FS tivo unha fin de semana para esquencer
O equipo masculino perdeu en Navarra e o feminino perdeu no derbi ante o Poio
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/QWPARD6RBRIINF3LUWORC4R2FY.jpg?auth=45bbaa5fa5e20b45ee7e53434234eff00122c21affbc5e7da6376ffb5ee3f7d0&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Burela fs
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/QWPARD6RBRIINF3LUWORC4R2FY.jpg?auth=45bbaa5fa5e20b45ee7e53434234eff00122c21affbc5e7da6376ffb5ee3f7d0)
Lugo
A fin de semana competitiva foi aciaga para o Pescados Rubén Burela FS. O Magna Gurpea realizou unha posta en escena fulgurante presionando a un Pescados Rubén Burela que se vía obrigado a conter as embestidas pamplonicas. Araça e Rafa Usín avisaron no primeiro minuto e no seguinte o estilete local non perdoou. Rafa Usín enganchou unha volea espectacular para marcar o 1-0 e rendibilizar o acoso sobre a portería de Álex. A pesar do gol os pamplonicas non levantaron o pé do acelerador con Rafa Usín como protagonista principal na finalización pero Álex respondeu con seguridade e Petry salvou o segundo gol navarro.
- FICHA TÉCNICA
Ata o minuto 10 non chegou a primeira resposta laranxa cun disparo de falta directa de Iago Rodríguez que Asier logrou neutralizar. Os navarros controlaban o xogo e gozaban de oportunidades para ampliar a súa renda. Jesulito nunha contra e Yoshikawa cun disparo volveron atoparse con Álex que sostiña ao seu equipo no partido. Logo dun tempo morto chegou o 2-0 por mediación de Araça e Dani Saldise acariñou o terceiro ante un Pescados Rubén Burela desaparecido en Anaitasuna e que no último minuto recorreu ao xogo de cinco para contemporizar o partido e irse ao descanso co 2-0.
Na segunda parte o duelo comezou cos papeis intercambiados, o Pescados Rubén saltou máis enchufado para recortar distancias e gozou dun par de aproximacións perigosas pero o 3-0 marcado por Roberto Martil tras un potente disparo foi un duro golpe para a reacción laranxa. O xogo transcorreu durante varios minutos sen demasiadas incidencias ofensivas e no minuto 28 o Pescados Rubén apostou polo xogo de cinco para intentar variar o devir do choque.
O recurso mariñanao que noutras ocasións funcionara á perfección non xurdiu efecto en Anaitasuna. O eterno Eseverri neutralizou o recurso dos de Daniel Ibañes ao marcar o 4-0 e no minuto 35 Rafa Usín encargouse de ampliar a renda local (5-0). O duelo entrou na súa recta final co Magna como claro acreedor da vitoria aínda que Matamoros aproveitou un dobre-penalti para situar o 5-1, minuto 36, e iniciar unha tardía reacción burelista. Asier evitou o segundo gol dos galegos en primeirainstancia pero nada puido facer ante Petry que marcou o 5-2 definitivo.
Derrota do equipo feminino
Derrota do Pescados Rubén Burela FS na cancha do Pescamar Poio (2-0) logrando así as pontevedresas a súa primeira vitoria ligueira ante a escuadra mariñá.
O derbi galego comezou con precaucións en ambos conxuntos que non querían cometer erros nos compases iniciais. Co paso dos minutos o Pescamar Poio foi tomando a iniciativa do xogo e avisando cun par de disparos afastados de Ceci que Jozi resolveu con seguridade.
O Pescados Rubén contiña o impulso local e gozou dunha boa ocasión á contra pero Betim precipitouse na definición. Superado o ecuador do primeiro periodo as mariñás lograron superar o dominio do Poio e o choque entrou nunha fase máis equilibrada. O ritmo de xogo era alto pero con demasiadas imprecisións nas dúas escuadras que non conseguían conectar o último pase para xerar ocasións. Un disparo afastado de Dany foi o máis destacado en ataque nestes compases pero Silvia despexou sen complicacións.
Nos cinco minutos finais o Pescamar Poio retomou a iniciativa e xerou moito perigo a un Pescados Rubén que tivo en Jozi o seu mellor baluarte para manter o empate inicial. Ale de Paz por partida dobre e Jenny retaron á brasileira que gañou a partida. Ante o dominio local, Iván Cao apostou polo xogo de cinco e tras unha perda Charo adiantou ao Poio, minuto 17, marcando desde propia pista a pesar do intento de Bea Mateos de salvar o tanto. Tra-lo 1-0 as burelistas mantiveron o xogo de cinco e gozaron dun par de ocasións para o empate aínda que a máis clara tívoa Dany nun man a man con Silvia que evitou a igualada. Ao descanso chegouse co 1-0.
Na segunda parte o Pescados Rubén Burela saltou á pista con maior determinación ofensiva e neste periodo o protagonismo na portería foi para Silvia que contivo as embestidas burelistas protagonizadas por Cilene, Betim e Dany. O acoso mariñao non lograba réditos e, de novo, apostou polo xogo de cinco no minuto 25 para acurralar máis ás pontevedresas.
Non xurdiu o efecto esperado xa que o Pescamar soubo contelo cunha boa defensa e con Silvia desbaratando os disparos afastados das mariñás e co 1-0 entrouse no tramo final do choque. No minuto 36 o Poio ampliou a súa vantaxe. Silvia desde a súa portería envía un balón longo que Jozi non consegue despexar e Jessi aproveita o balón solto para marcar o 2-0. Ata o final o Pescados Rubén intentou con xogo de cinco recortar distancias pero sen éxito algún polo que o Pescamar Poio logrou vencer por 2-0 o derbi galego.