Actualidad
Monterroso

Miguel Rico: “A Feira de Santos contará con máis de 800 postos e incluirá como novidade unha feria de porco celta”

O Concello de Monterroso prevé recibir a máis de 40.000 visitantes

Feira de Santos / Turgalicia

Feira de Santos

Lugo

Monterroso acolle o martes 1 de Novembro unha nova edición da histórica Feira de Santos, na que se habilitarán máis de 800 postos de venda, dende calzado e roupa ata artesanía e ferramentas.

Esta Festa de Interese Turístico Galego, dende o pasado 2011, recibe cada ano a máis de 40.000 persoas, segundo destacou o concelleiro de Cultura de Monterroso, Miguel Rico, nesta entrevista concedida a Radio Lugo e emitida este sábado en Hora 14 Mesa de Redacción.

Outro dos atractivos da Feira de Santos é o mercado gandeiro, especialmente o de cabalos. Con todo, este ano haberá unha novidade: mercado de porco celta, promovido por un gandeiro da zona.

Entrevista ao concelleiro de Cultura do Concello de Monterroso, Miguel Rico, sobre a Feira de Santos (29/10/2016)

10:03

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1477743208_681266/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O Concello de Monterroso está traballando na documentación para conseguir a distinción de Festa de Interés Turístico Nacional para a Feira de Santos. Miguel Rico asegura que este festexo cumpre os requisitos, porén admite que o procedemento é longo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00