Novena Edición Internacional en Expourense
A cita será o vindeiro domingo 30 de octubre en Expourense.Prevese a participación de 300 xogadores de entre 6 e 18 anos

Presentación do Festival Internacional de Xadrez 2016, Jesús Vázquez, Alcalde de Ourense, Emma Glez, directora adjunta Expourense, Elias Glez, Xadrez Ourense y Mario Guede, Concelleiro Deportes / Concello de Ourense

Ourense
Baixo o lema ¨Deporte e Ciencia para a Xuventude¨ chega á cidade á novena edición do Festival Internacional de Xadrez ¨ Ourense 2016 ¨ que terá lugar o vindeiro domingo día 30 de outubro en Expourense.
Este torneo é a penúltima proba puntuable do Circuíto Galego 2016, que se ven disputando dende maio ata novembro pola xeografía galega e composto por 15 probas puntuables desputadas ao longo de toda Galicia. Logo de 9 anos, este festival é unha proba completamente consolidada no calendario galego.
O evento contará preto de 50 xoves deportistas con ránking internacional feito que, unido á calidade dos premios e a cantidade dos deportsias reunidos convirte a esta cita ourensá nunha das tres máis relevantes citas do panorama Nacional para xoves.