O Pescados Ruben Burela comeza a liga con derrota na casa
Os de Daniel Ibañes perderon 3-4 frente a Palma en Vista alegre
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/PCWG2SPS6VKO7F2TGYEV44BZTA.jpg?auth=0046ed88c9703a8e0dac7d989b8a4b3dabe1af7916e41b6c0b3e5c31ec16babd&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Burela fs
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/PCWG2SPS6VKO7F2TGYEV44BZTA.jpg?auth=0046ed88c9703a8e0dac7d989b8a4b3dabe1af7916e41b6c0b3e5c31ec16babd)
Lugo
Vista Alegre estreou a liga de Primeira División cun gran Pescados Rubén Burela FS, con boa imaxe, sen perder a concentración e agresivo en defensa, que a punto estivo de igualar a contenda ante o poderoso Palma Futsal (3-4), apostando por un traballado despregamento de porteiro-xogador na segunda parte.
- FICHA TÉCNICA
Comezou a rodar o balón en Vista Alegre con perigo burelista. Petry, de cabeza, deu vantaxe aos da casa, xa no minuto 2; o brasileiro recolleu a volea de Mata desde media pista para superar a Barrón, adiantado. Volveu tremer a rede do Palma pouco despois, no 5, cunha recuperación de Bellvert que despexou o porteiro visitante co pé, e no 6, un mísil afastado de Petry rozou o pau.
Con cinco faltas antes de cumprirse o ecuador da primeira parte, os de Daniel Ibañes minguaron a súa ofensiva incisiva; cunha sólida defensa liderada por Álex e grandes intervencións de Bellvert e Chano puideron frear as intencións dos insulares ata o minuto 16, cando Vadillo puxo táboas no marcador, cun disparo raso que superou a Petry e o meta laranxa.
No regreso avisou o perigoso Petry desde a banda, pero foi Carlitos o que materializou o 1-2, no 22. Viviu entón Álex os seus minutos de máis traballo, impasible por arriba ante Joselito (minuto 26), co pé e corpo a corpo fronte a Eloy Rojas (minuto 27 e 29) e esperando a Carlitos no límite daárea (28). Tras o 1-3, de Paradynski (minuto 32), os da Mariña foron a por todas con xogo de cinco; o seu líder, Iago Rodríguez puxo o 2-3 nada máis saír.
Tivo o empate Antoñito nos seguintes compases, ao bordo da liña de meta, pero aproveitou Tomaz, a porta baleira, para o 2-4. Petry levantou a Marea Laranxa no 36 co 3-4. Vista Alegre gozou dunha recta final intensísima fronte a un Palma Futsal que sufriu moito, pero ao final puido levar os tres puntos.