Ourense na Copa de España
Tras o control técnico que tivo lugar na tarde do domingo, o conxunto infantil do Club Ximnasia Pavillón Ourense, será un dos cinco conxuntos que formarán parte da escuadra galega na Copa de España
Ourense
Tras o control técnico que tivo lugar do domingo día 2 de outubro no Paviilón dos Remedios, e despois de ser notificada a listaxe de seleccionados pola Federación Galega de Ximnasia, podemos confirmar que o conxunto infantil do Club Ximnasia Pavillón será un dos cinco conxuntos de nivel absoluto que formará parte da escuadra galega na Copa de España de Conxuntos, que terá lugar en Valladolid, coincidindo co Campionato de Base de Conxuntos.
Os cinco conxuntos seleccionados son os seguintes:
Categoría Alevín: Escola Acordes
Categoría Infantil:Escola Acordes e Ximnasia Pavillón
Categoría Junior: Treboada
Categoría Senior: Esquío
XImnastas do Equipo Infantil Do Club Ximnasia Pavillón
Paula Martínez Pérez
Sabela de Martín Firvida
Sabela Rodríguez Rodríguez
María Rordíguez Cancio
Lucía González Yebra
Rebeca Bello Rodríguez
Sara Blanco Daparte