Primeira Marcha BTT Concello de Cualedro
A proba, que abrangue unha distancia de 36 kilómetros, disputarase o vindeiro domingo, 2 de outubro no Concello de Cualedro
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/2QXNXFTOMJIBPP2D3KELOX5M2Y.jpg?auth=4adda4342e9889ccabf6ce93e2c0d030000f5d3945f6229c9e9d536ba60ff1c7&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Presentación da Primera Marcha de BTT Concello de Cualedro, que se disputará o vindeiro domingo 2 de outubro. Rosendo Luis Fernández, vicepresidente da Deputación, Bernardino González,Rosponsable deportes Deputación, Luciano Rivero, Alcalde de Cualedro, c / Deputación de Ourense
![Presentación da Primera Marcha de BTT Concello de Cualedro, que se disputará o vindeiro domingo 2 de outubro. Rosendo Luis Fernández, vicepresidente da Deputación, Bernardino González,Rosponsable deportes Deputación, Luciano Rivero, Alcalde de Cualedro, c](https://cadenaser.com/resizer/v2/2QXNXFTOMJIBPP2D3KELOX5M2Y.jpg?auth=4adda4342e9889ccabf6ce93e2c0d030000f5d3945f6229c9e9d536ba60ff1c7)
Ourense
O Concello de Cualedro acollerá o vindeiro domingo, 2 de outubro, a primera ¨Marcha BTT¨, que discorrerá polas pistas e camiños rurais da localidade, cun percorrido total de 36 kilómetros, de dificultade media-alta,
A saída terá lugar ás 9:30 horas, e trátase dunha ¨proba deportiva que non ten carácter competitivo¨, Explicou Marcos Meno, quen destacou a gran acollida que tivo a marcha pois ¨contamos con 102 inscritos ata o momento ¨.Os interesados en participar poderán inscribirse na web WWW.bttverin.com ao longo do día de hoxe, e tamén o mesmo día da proba. Os prezos para participar son de 15euros para a ruta e de 12euros para o paseo, ambos con xantar incluído, e de 5euros para a ruta sen xantar, sendo o paseo sen xantar gratuito.