Esta fin de semana celébrase o torneo ‘Burela Bonita’
Inter Movistar, Santiago Futsal e Palma Futsal completan o cartel
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/4JOUDG7V6JKNVKPOTBF4CVEQDI.jpg?auth=785314e9b3c164e092b42f422182be5460c6b41ec17f16dec5820c47a642f82c&quality=70&width=650&height=365&smart=true)
CD Burela FS
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/4JOUDG7V6JKNVKPOTBF4CVEQDI.jpg?auth=785314e9b3c164e092b42f422182be5460c6b41ec17f16dec5820c47a642f82c)
Lugo
O Torneo de Fútbol Sala Burela Bonita recibirá esta semana a Movistar Inter, Palma Futsal e Santiago Futsal xunto ao Pescados Rubén-Burela FS, nun cuadrangular que acollerá o parqué de Vista Alegre entre o venres e o sábado coa organización do Concello de Burela e a entidade laranxa.
O fútbol sala de elite darase cita na Bomboneira como presentación do equipo 2016-17 de Daniel Ibañes co Movistar Inter FS-Palma Futsal como prato inaugural, ás 19.00 horas; os mariñáns mediranse aos composteláns na segunda semifinal, ás 21.00 horas. A xornada do sábado reunirá sobre a pista os perdedores do venres, ás 19.00 horas; o gañador do Burela Bonita decidirase entre os vencedores das semifinais, ás 21.00 horas.
Entradas
Para os socios/as habilitarase un único bono para os catro encontros, 10 euros/adult@ e 5 euros/menor de idade. Os non socios/as deberán adquirir unha entrada por cada xornada ao prezo de 10 euros/adult@ e 5 euros/menor de idade por día.
Carnés 2016-17
Os socios/as do Pescados Rubén-Burela FS poden recoller o carné 2016-17 na oficina da entidade (avenida Arcadio Pardiñas 91, baixo). Todos os interesados en abonarse poden darse de alta na oficina do sede (Horario de atención ao público: De luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas).