Luís Villares: “Promoveremos dende a Xunta unha industria láctea propia”
Villares anunciou que recuperarán o Banco de Terras para dotar de máis extensión de terras ás explotacións
Lugo
O candidato á presidencia da Xunta por Lugo de En Marea, Luís Villares, anunciou que se chega á presidencia da Xunta presionará na UE para controlar os prezos do leite. "Sancionaremos e inspeccionaremos" as empresas que están pactando a día de hoxe os prezos, e o PP non o está facendo hoxe. Villares apuntou tamén que crearán unha industria autóctona co apoio do IGAPE.
Villares apuntou que "eu mesmo vin no xulgado casos nos que a Xunta denegaba axudas de Dependencia para cadrar o déficit". En relación a isto, destacou que "En Marea grabará ás rendas altas para dotar de maior orzamento aos servizos sociais".
Luís Villares, candidato por Lugo de En Marea
12:07
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles