Carreira solidaria en Ourense da fundación Real Madrid
Mañá domingo 2 de outubro, disputarase en Ourense, esta proba en apoio para programas de atención á diversidade
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/TXA4HU5V4BLKZFNMSN5NX5QB74.jpg?auth=ffae6b9e6b1c862266bf94444164e94e9b246c54c701c81b2c597b314468d22a&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Autoridades Ourensanas, na presentación no Concello de Ourense, da Carreira Solidaria Fundación Real Madrid, que se disputará en Ourense o primeiro domingo de outubro / Concello de Ourense
![Autoridades Ourensanas, na presentación no Concello de Ourense, da Carreira Solidaria Fundación Real Madrid, que se disputará en Ourense o primeiro domingo de outubro](https://cadenaser.com/resizer/v2/TXA4HU5V4BLKZFNMSN5NX5QB74.jpg?auth=ffae6b9e6b1c862266bf94444164e94e9b246c54c701c81b2c597b314468d22a)
Ourense
O salón de plenos do Concello de Ourense, acolleu a presentación da proba, que recollerá apoio para programas de atención á diversidade.
Haberá categorías para escolares e persoas adultas, con percorridos de entre 100, 1.500, 3.000 e 9.200 metros en función da categoría.
O paseo peonil do Río Miño ao seu paso pola cidade, desde a Ponte Vella ata a pasarela de Outariz, será escenario da primeira carreira solidaria, para nenos e adultos, que a Fundación Real Madrid Runnig o primeiro domingo de outubro.organizará en Ourense
As inscricións sa están abertas e permanecerán activas ata o 29 de setembro ás 23:59 horas. A recollida de dorsais será o 1 de outubro, sábado, de 10:00 a 20:00horas no Pavillón de Deportes de Os Remedios. A inscrición pode realizarse na web oficial do evento WWW.runningfundacionrealmadrid.es.