Hora 14 LugoHora 14 Lugo
Actualidad
ELECCIONES GALLEGAS

A federación veciñal mostra "dúbidas" ante as promesas electorais

Feijoo compremeteu a estación intermodal e presionar para conseguir a conexión de alta velocidade con Ourense

Lugo

O presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, mostrou este mércores as súas dúbidas sobre as promesas electorais lanzadas onte polo presidente da Xunta e candidato á reelección, Alberto Núñez Feijoo, de cara ás eleccións do 25 de setembro.

Feijoo anunciou, entre outras accións, a construción dunha estación intermodal, coa alta velocidade como "máxima prioridade" para conectar Lugo con Ourense.

Asimesmo, prometeu avances no Plan Paradai e novos usos sanitarios e tecnolóxicos.

Jesús Vázquez, presidente de la Federación de Asociaciones de Vecinos de Lugo (07/09/2016)

01:00

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Vázquez pediu que se materialicen as promesas electorais de todos os candidatos á Xunta para que Lugo estea á altura do resto de provincias galegas en infraestruturas, sanidade e educación.

Ao seu xuízo, sería ideal que "houbese eleccións con máis frecuencia, porque é cando adquiren moitos compromisos".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00