SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Deportes
TERCEIRA DIVISIÓN

Derbi chairego histórico

Racing Vilalbés e CD Castro enfróntanse este sábado ás 18 horas no estadio da Magdalena

Iván Lamas (esq.) e Óscar Gilsanz (der.), adestradores de CD Castro e R. Vilalbés / CD Castro

Iván Lamas (esq.) e Óscar Gilsanz (der.), adestradores de CD Castro e R. Vilalbés

Lugo

A deusa fortuna quixo que Rácing Vilalbés e Castro disputasen o seu primeiro derbi chairego na Terceira División en plenas festas da Xira de Vilalba. Concretamente, será este sábado a partires das 18.00 horas no campo da Magdalena.

Un encontro histórico e ao que Castro chega "con moitas ganas e bastante motivado", indica o técnico Iván Lamas. O adestrador de Cospeito espera poder contar "cos máximos efectivos posibles, xa que algúns son dúbida". Por iso mesmo apostou por unha convocatoria de dezasete xogadores, da que se caen Alvarito e Adrián por decisión tecnica e Iván González, que foi expulsado a semana pasada no Morrazo ante o Alondras.

Por outra banda, o cadro de Óscar Gilsanz conta coas dúbidas de David García e López. A participación de ambos xogadores no encontro depende da evolución das súas respectivas lesións. No caso do lateral Diego López, trátase dunha sobrecarga muscular.

Sobre o conxunto chairego, Iván Lamas destacou a aportación "dos tres de arriba: Villares, Sergio e Gerardo son os máis peligrosos. Hai que telos controlados". O técnico do Castro avoga por facer un "partido moi moi seri para sacar algo positivo, tendo o balón o máximo posible e cando non o teñamos, estar atentos ás vixilancias porque con espacios son moi peligrosos".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00