SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Deportes
CD LUGO

Coa ilusión intacta

Os de Luís César mídense este domingo ás 19 horas ó Nàstic no Nou Estadi coa novidade do canteirán Duque na convocatoria

Lugo - Nàstic da pasada tempada / Facebook CD Lugo

Lugo - Nàstic da pasada tempada

Lugo

O CD Lugo comeza este domingo a partir das 19 horas o campionato de Segunda División coa ilusión por todo o alto tras as boas sensacións da pretempada ante rivais de entidade como o Celta (1-2) ou o Spórting de Gijón (3-0). Os albivermellos enfróntanse ao Nàstic de Tarragona, un equipo que vén de rematar terceiro na pasada liga.

  • Alineacións

Luís César non poderá contar con Caballero e Carmona, lesionados, e deixou sen convocar aos canteiráns Pedrosa, Keko Vilariño e Cacharrón. A principal novidade na primeira lista do técnico albivermello é a inclusión do tamén canteirán Duque.

Luís César terá as dúbidas de Leuko e Iriome, ambos con doenzas musculares tras a pretempada. É probable que o adestrador lucense baralle a inclusión do recén chegado Calavera no lateral dereito. Igor Martínez ten todas as papeletas tamén para sair de inicio no exteremo dereito polas doenzas físicas do futbolista canario.

Nàstic

O Nàstic de Tarragona, que se reforzou con 11 xogadores este verán, non poderá contar para o arranque do campionato ante o Lugo co meta Reina, lesionado de gravidade na pretempada. O seu posto ocuparao o veterano meta Sebastian Saja, fichado a última hora procedente do Rácing de Avellaneda arxentino. As principais novidades do equipo de Vicente Moreno con respecto á pasada tempada serán na zona de creación e na ofensiva.

Agárdase un partido igualado no que o Lugo, segundo apuntou Luís César durante a semana, non sairá a especular co resultado, e tentará traer para Galicia os tres primeiros puntos da tempada.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00