SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Deportes
BURELA FSF

Judith Pedreira renova co Burela FSF

A Coruñesa quere seguir medrando co club mariñán

Renovación de Judth / CD Burela FS

Renovación de Judth

Adeus ás vacacións. A novísima Judith Pedreira Arias (A Coruña, 1998) xa só ten pensamento para o fútbol sala e o CD Burela FS Pescados Rubén, inmersa no traballo preparatorio da que será a súa segunda tempada na Mariña. “É o mellor club para seguir crecendo e aprendendo. O club apostou por min e quero devolverlle esa confianza dando todo de min”, aseguraba a xogadora, disposta a asumir o desafío de dar un paso adiante, como teñen en mente Lucas e Julio Delgado, para as máis novas do vestiario.

“Eu vouno dar todo para poder ser importante para o equipo” puntualizaba a ala-peche na compaña do presidente, Manuel Blanco, e o directivo Luis A. Guillén, que salientaron “a capacidade de adaptación e versatilidade” de Judith “cun futuro moi prometedor no fútbol sala”.

Estamos moi centradas no traballo físico, para poder afrontar ben a tempada. Estamos traballando para adquirir ritmo e sobre todo para que as rapazas novas se familiaricen coas nocións do noso xogo” explicaba a laranxa na segunda semana xa de pretempada.

Más información

Á 15 laranxa, que compatiblizou responsabilidades entre Autonómica e Primeira División en 2015-16, iluminánselle os ollos lembrando a fazaña da súa primeira experiencia en Primeira: “Foi un ano incrible; non esperaba gañar liga, Supercopa e estar tan preto de Copa. Non é doado de explicalo con palabras, tan só se pode vivir.

Estou moi contenta de poder formar deste proxecto e moi agradecida tanto á directiva coma ao corpo técnico e ás xogadoras” confesaba Judith, entusiasmada coa nova campaña: “Con ganas, esforzo e ilusión pódese conseguir todo e para iso traballaremos. Fóronse piares básicos pero tamén quedaron outros moi importantes e sacaremos o proxecto adiante”.

Aos seus 17 anos, a de 2016 será a segunda Supercopa de España de Judith. A confianza da xogadora radica na garra e coraxe do cadro laranxa: “Este equipo sempre brillou por loitar e non darse nunca por rendido. Vai ser complicado, o Atlético de Madrid Navalcarnero mantén o grupo e nós estamos nunha etapa de reconstrución, pero loitaremos por todo como estamos acostumadas”. O primeiro título da tempada decidirase en Vista Alegre o 3 de setembro; antes, o 27 de agosto, as laranxas terán que disputar o partido de ida en La Estación.

  • O Burela FSF xa ten calendario de pretempada
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00