Sociedad | Actualidad
CONCELLO OURENSE

Oitenta rapaces participarán en agosto nun campamento en Porto do Son

Onte adxudicáronse por sorteo público 30 prazas, e as restantes 50 serán para familias usuarias dos servizos sociais

Onte adxudicáronse por sorteo público 30 prazas, e as restantes 50 serán para familias usuarias dos servizos sociais / Concello de Ourense

Onte adxudicáronse por sorteo público 30 prazas, e as restantes 50 serán para familias usuarias dos servizos sociais

Ourense

Oitenta nenos e nenas de Ourense participarán no campamento infantil e xuvenil Virxe de Loreto, en Porto do Son, que organiza o Concello, a través das concellerías de Xuventude e Asuntos Sociais. Cincuenta están destinadas a familias que participan nos programas da Concellería de Asuntos Sociais, mentres ca as outras trinta foron adxudicadas esta mañá nun sorteo público que tivo lugar no salón de plenos, con asistencia da concelleira Sofía Godoy, familias e nenas solicitantes, sendo dúas delas as que actuaron coma mans inocentes.

O listado de nenos e nenas que obtiveron as prazas publicarse nas webs do Concello e Xuventude, no perfil de Facebook da Concellería e se comunicará ás familias para que completen a inscrición. En caso de renuncias, recurrirase á listada de espera, na que están 17 rapaces e rapazas, polo orde que definiu o sorteo.

Esta actividade, englobada na campaña de ocio e tempo libre da Concellería, esta destinada a menores de 9 e 14 anos. Será a semana do 13 ao 20 de agosto, e está deseñada para desfrutar do tempo libre a través de actividades creativas e de naturaleza. Haberá unha actividade diaria de carácter lúdico e formativo na que a comunicación as habilidades sociais e as relacións entre iguais a través do xogo, o teatro e a interacción coa natureza serán os elementos que favorezcan a diversión, a convivencia e a cooperación.

As outras 50 prazas serán para familias coas que se intervén de forma máis ou menos continuada ao longo do ano, desde a Concellería de Asuntos Sociais, a través das UNIS correspondentes, principalmente participantes no Programa de Educación e Apoio Familiar, polo que o campamento será un recurso de lecer no que poderán gozar dunha experiencia enriquecedora.

Son as educadoras de cada UNIS quen se pon en contacto coas familias que consideran cumpren o perfil idóneo en canto a idade e criterios de maior necesidade. Realízase un pequeno informe de cada un deles ao cal se achega unha serie de documentación básica (folla de inscrición, documento acreditativos de identidade, Informe médico...) Tamén participarán nenos e nenas do Centro de Menores A Carballeira.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00