Hora 14 LugoHora 14 Lugo
Actualidad

A USC e panadería Da Cunha crean a cátedra do pan e do cereal

As primeiras accións estarán relacionadas cos cereais autóctonos

La USC y panadería Da Cuña crean la cátedra del pan y cereal

La USC y panadería Da Cuña crean la cátedra del pan y cereal

00:20

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A USC e a empresa Panadería Da Cunha promoven a creación da Cátedra do Pan e do Cereal, unha iniciativa orientada á investigación, o fomenta da docencia e á difusión de coñecementos nos ámbitos do pan e do cereal.

A Cátedra do Pan e do Cereal, a primeira cátedra institucional adscrita ao Campus Terra da USC, segundo sinalou o reitor Juan Viaño, xurde a raíz do interese da Panadería Da Cunha, empresa pertencente ao Grupo Da Cunha, por promover e fomentar a investigación, a docencia, a innovación e o desenvolvemento no ámbito da USC, en aras a beneficiarse logo dos posibles avances nas áreas de tecnoloxía e agronomía dos cereais, así como da difusión de coñecementos especializados a investigadores e profesionais.

As primeiras actuacións promovidas ao abeiro desta cátedra estarán ligadas aos cereais autóctonos e aos seus procesos de panificación. A oferta dun catálogo de servizos de control de calidade de trazabilidade dos cereais e a mellora das tecnoloxías de produción alimentarias son outros dos cometidos da primeira cátedra adscrita ao Campus Terra da USC. As actividades desenvolvidas ou impulsadas ao abeiro desta cátedra e que contarán cun financiamento mínimo anual de 30.000 euros por parte da empresa Panadería Da Cunha, estarán dirixidas a facilitar o intercambio de experiencias investigadoras e de coñecemento entre profesionais da empresa e a USC.

A colaboración en tarefas de I+D+i relacionadas co pan e o cereal, a realización de investigacións conxuntas, a difusión dos estudos mediante a súa publicación, o fomento da iniciativas conxuntas relacionadas co pan e o cereal entre a USC entre empresas e administracións públicas, e a proxección internacional de actividades universitarias e de emprendemento social son outros dos cometidos desta cátedra.

Os profesores da USC Ángeles Romero, Santiago Pereira e María Cruz Pascual, ademais do Vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, e da vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido, conforman a representación da USC na comisión de seguimento da Cátedra do Pan e do Cereal, un órgano de supervisión e control no que tamén participarán por parte da empresa Panadería Da Cunha Manuel Da Cunha Pereira, como promotor da cátedra, Ana Martínez Rodríguez, David Da Cunha Rodríguez e José Manuel Cánovas García.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00