VIII Marcha BTT do Concello de Monterrey
O evento conta con 3 rutas de 18, 36 e 58 kilómetros
Ourense
A VIII Marcha BTT do Concello de Monterrey, de carácter non competitivo, celebrarase o vindeiro domingo, 3 de xullo, contando con tres rutas: o paseo, de 18 kilómetros de dificultade baixa; a curta, de 36 kilómetros de dificulade media; e a longa de 58 kilómetros de dificultade media-alta.
Marcos Meno explicou os aspectos técnicos desta proba que nesta ocasión ten como novidade que ¨ os percorridos das rutas longa e curta atravesan todas as localidades de montaña para facer máis vistosa a proba, e contan con dous puntos de avituallamento ¨.
¨ A data de hoxe temos 60 inscritos pero esperamos chegar aos 100 participantes dixo Marcos Meno, responsable de deportes do Concello de Monterrey, (Ourense).