O nivel da ximnasia galega en aumento
A Ximnasia galega abandona o último posto
Ourense
Finalizado o Campinato individual absoluto e de clubes e autonomías, celebrado en Guadalajara este fin de semana, seguimos observando o nivel da ximnasia galega en aumento, abandonando cada vez máis asiduamente os últimos postos da clasificación.
O equipo pavillonista formado por Lucía González Yebra (mazas),Rebeca Bello Rodríguez(cinta),María Rodríguez Cancio(aro) e Sabela Rodríguez Rodríguez (pelota), colocouse no posto nº 42 dos 59 equipos participantes, todos eles de gran nivel.
Lucía e Rebeca comenzaron a competición con moita templanza e, salvo algunhas pequenas imprecisións, realizaron un exercicio sen erros considerables.María e Sabela vironse afectadas pola presión que impón unha competición desta indole e tiveorn as dúas erros importantes que fixeron que o seu exercicio non lucira como en outras ocasións ás que teñen habituados ós afeccionados ca ximnasia ourensá.
De novo, tras esta competición, o Club Ximansia Pavillón Ourense segue a manterse entre os primeiros clubs galegos.
A próxima cita nacional será para as categorías junior e senior, na que o club ourensán consegiu clasificar a tres equipos, ademáis de Nerea Sastre, subcampiona galega, que competirá no individual absoluto os días 23 e 16 de xullo de novo en Guadalajara, pero antes, os equipos prebenxamíns, alevín e infantil do club, así como varios individuias, pasarán polo Autonómico de Promoción, o Sábado día 18 de xuño no Paviillón de Os Remedios de Ourense.