Última hora

ALTO EL FUEGO LÍBANO-ISRAEL Israel acepta un alto el fuego en Líbano, según la prensa local: Netanyahu anuncia que consultará con su Gobierno la propuesta

Política | Actualidad
CONCELLO

A XGL aproba inicialmente a modificación de crédito para o COB

Este expediente, dotado con 1,5 millóns de euros, terá que ser aprobado por maioría simple no vindeiro pleno do Concello, que se celebrará o venres

A Xunta de Goberno Local aproba inicialmente a modificación de crédito destinada á subvención condicionada ao Club Ourense Baloncesto SAD para a súa inscrición na liga ACB / Club Ourense Baloncesto

A Xunta de Goberno Local aproba inicialmente a modificación de crédito destinada á subvención condicionada ao Club Ourense Baloncesto SAD para a súa inscrición na liga ACB

Ourense

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria, aprobou o expediente de modificación de créditos, en modalidade de créditos extraordinarios, co seguinte fin: “Subvención ao Club Ourense Baloncesto SAD para inscripción na liga ACB”. Este expediente de modificación de créditos, dotado con 1,5 millóns de euros, irá a cargo do Remanente de Tesourería para gastos xerais do Concello de Ourense, actualmente dotado con 43,6 millóns de euros.

Resulta preciso acometer unha modificación orzamentaria para habilitar os créditos que permitan conceder unha subvención de carácter extraordinario ao Club Ourense Baloncesto SAD para que poida efectuar a inscripción na liga ACB e conseguir, así, o ascenso logrado deportivamente. A lei prevé, ante a imposibilidade de atender estos gastos urxentes e inaplazables, a posibilidade de plantexar unha modificación orzamentaria por medio de créditos extraordinarios.

Este acordo da Xunta de Goberno Local será sometido á aprobación do Pleno da Corporación do venres 03 de xuño e será precisa unha maioría simple para dar luz verde ao devandito acordo. De aprobarse, ese acordo sustenrase nun convenio posterior que suscribirán o Concello e mailo COB.

Segundo expoñen os informes técnicos ao respecto, todos eles favorables, a dimensión económica de contar cun equipo na élite nacional do Baloncesto pode supoñer un retorno directo de 3 millóns de euros, correspondéndose con 2,5 millóns de euros (segundo estudios comparativos realizados pola Universidade de Vigo). No tocante á súa dimensión mediática, supón un retorno indirecto que incide no turismo e na captación de inversións. A dimensión mediática da publicidade da marca “Ourense Termal” estaría cuantificada en 300.000 euros, aos que se lle debertían engadir 200.000 euros máis de empresas de fóra de Ourense que poden aportar, por medio de contratos publicitarios, ingresos extras que van a incidir positivamente na nosa cidade.

Subvención extraordinaria, recuperable no futuro

O desembolso inicial para que o equipo poda xogar na próxima liga ACB se eleva a 2.983.307,45 euros.

O Concello de Ourense, na súa condición de copropietario do clube, achegará con esta modificación 1,5 millóns de euros, tendo en consideración o impacto e retorno económico que proporcionará á cidade o clube competindo na máxima categoría do baloncesto nacional. Aportará o 50% dos custos, mentres a outra parte a porá a outra administración copropietaria, a Deputación Provincial.

Non se trata dunha subvención ao uso senón unha axuda extraordinaria, tendo en conta a excepcionalidade do caso. A axuda non vai a fondo perdido, xa que o groso da subvención se recuperaría para as arcas municipais en caso de que o equipo perdese en anos próximos a categoría, pois o seu destino é constituír unha garantía de pagos ao longo da tempada.

O detalle das contas é como segue: :

- Un canon á Liga ACB: 877.673,91 euros como cota de inscrición.

- Cota de participación de 111.350 euros e suscrición na empresa ACB invest, dun paquete de accionariado e 50.000 euros, que regula os dereitos de imaxe da ACB

- Garantía para o fondo de regulación de ascensos e descensos: 1.893.283,54 euros, dos que 600.000€ servirían como garantía para os posibles incumprimentos e responsabilidades e o resto, 1.293.283,54€ serían devoltos ao club en caso de descender de categoría e sempre que non teña débedas pendientes.

Os cartos procederán do remanente de tesourería para gastos xerais, polo que non suporán ningunha merma a ningunha partida dos orzamentos do Concello nin do Consello Municipal de Deportes.

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00