Ocio y cultura
CONCELLO

O Concello de Ourense recupera a Batalla de Flores

Logo de dous anos sen celebrarse, regresa o tradicional festive infantil da cidade, que está programado dentro da programación das Festas para o 2 de xullo ás 19 horas

Logo de dous anos sen celebrarse, regresa o tradicional festive infantil da cidade, que está programado dentro da programación das Festas para o 2 de xullo ás 19 horas / calan

Logo de dous anos sen celebrarse, regresa o tradicional festive infantil da cidade, que está programado dentro da programación das Festas para o 2 de xullo ás 19 horas

Ourense

O tradicional desfile infantil da Batalla de Flores, un dos emblemas máis entrañables das Festas de Ourense, regresa este ano á programación festiva da cidade, logo de dous anos sen que se organizase.

Así, a Batalla de Flores terá lugar o vindeiro 2 de xullo, dentro da programación das Festas de Ourense 2016. O percorrido deste desfile, que dará comezo ás 19:00 horas, irá por Mestre Vide, avenida Otero Pedrayo, Curros Enríquez, rúa Concello, Xoán XXIII e Progreso, para finalizar na Praza Maior.

A Batalla de Flores estará composta por carrozas concebidas e deseñadas especialmente para esta actividade. Serán oito as carrozas aportadas polo Concello, que levarán os títulos de “Cervatillos”, “Verme de seda”, “Poboado de Gnomos”, “Flamingo”, “Bolboretas”, “Xardín Tropical” e “Arco da Vella floral”. A estas carrozas sumaranse outras dúas que estarán patrocinadas por empresas colaboradoras.

A animación do desfile será de temática variada, contratacións que se están pechando actualmente por parte da Concellería de Cultura. Non obstante, ese día unha parte fundamental de dita animación serán os tradicionais Xigantes e Cabezudos do Concello de Ourense.

Con esta edición da Batalla de Flores, o Goberno Municipal de Ourense quere recuperar un dos eventos festivos máis singulares, entrañables e tradicionais da cidade, con décadas de historia ás súas costas e polo que pasaron diversas xeracións de rapaces e rapazas ourensás.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00