Sociedad | Actualidad
CONCELLO OURENSE

Enfermos poderán estacionar en zona de carga e descarga

Os 600 afectados por esta enfermidade poderán solicitar unha tarxeta de aparcamento especial, tal e como acordou o alcalde, Jesús Vázquez, co presidente da asociación ourensá, Fernando José Jiménez Zulliani

O Concello de Ourense permitirá estacionar en zona de carga e descarga aos enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa / Concello de Ourense

O Concello de Ourense permitirá estacionar en zona de carga e descarga aos enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa

Ourense

O Concello de Ourense permitirá que os enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa da cidade poidan estacionar libremente en zonas de carga e descarga.

Así, os 600 afectados por esta enfermidade en Ourense poderán solicitar unha tarxeta de aparcamento especial, tal e como acordou o alcalde, Jesús Vázquez, co presidente da asociación ourensá, Fernando José Jiménez Zulliani.

Os enfermos que soliciten esta tarxeta deberán facelo a través da asociación, ente que certificará a necesidade do permiso ao solicitante, que deberá estar asociado e asinar un cumprimento das normas da devandita tarxeta.

O Concello de Ourense é o primeiro de España en regular este aparcamento especial mediante un decreto, apoiado en informes técnicos, co fin de establecer o marco administrativo máis axeitado para esta medida, que está implantada noutros municipios mediante fórmulas como convenios ou acordos.

O rexedor ourensán, Jesús Vázquez, destacou que “os enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa teñen que enfrontarse a diario contra barreiras sociais que lles complican a vida cotiá ata límites inaceptables nunha sociedade moderna. De aí que a obriga das administracións, e neste caso do Concello, é poñer todos os recursos ao noso alcance para tratar de minimizar e paliar esas barreiras”.

Pola súa banda, o presidente da Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa de Ourense, Fernando José Jiménez Zulliani, agradeceu a sensibilidade do goberno local ante esta enfermidade e a súa eficiencia á hora de adoptar unha medida sustentada nun decreto (que ata o de agora non se deu en ningún outro municipio), para facilitarlles os estacionamentos, que contribuirá a normalizar a súa situación, evitando riscos de accidente e multas inxustas por ter que deixar o coche ante unha urxencia física que os enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa non poden controlar debido á súa enfermidade.

A Enfermidade de Crohn e a Colitis Ulcerosa son enfermidades inflamatorias intestinais (EII), crónicas e incapacitantes, non só a nivel intestinal, xa que tamén pode atacar a outros órganos. Non existe unha cura para estas enfermidades e os enfermos teñen que loitar día a día cos síntomas que produce a enfermidade tanto a nivel físico como psicolóxico e contra o impacto brutal que supón sufrir esta enfermidade.

 “Con esta medida o Concello de Ourense permítenos dar un paso mais cara á integración social dos enfermos de Crohn e colite ulcerosa de Ourense”, recalca Fernando José Jiménez Zulliani.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00