A Gudiña une deporte e natureza
III RallyeMix da Gudiña, este fin de semana, 1º memorial Guillermo Lago

Presentación no Pazo Provincial, da III Edición do RallyMix da Gudiña / Deputación de Ourense

Ourense
A terceira edición do ¨RllyeMix da Gudiña¨, 1ºMemorial ¨Guillermo Lago ¨, celebrase os días 21 e 22 de maio. A presentación da proba automobilistica tivo lugar no Pazo Provincial, e contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o alcalde da Gudiña, José María Lago; HC Competición, Antonio Pérez, e o gañador do pasado ano, Iago Silva.
O director deportivo HC Competición, explicou os aspectos técnicos, destacando que este ano o tramo é de algo máis de 11 quilómetros, superando os vinte inscritos, pero a organización espera que o groso das inscricións se realice esta semana, coa participación de pilotos de Galicia, Asturias, Portugal e Castela e León.
O presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral, agradeceu a deputación de Ourense por o seu apoio ao atomobilismo, e lembrou a Guillermo Lago como ¨o máximo impulsor desta proba¨.
Pola súa banda, o piloto Iago Silva dixo que loitará novamente por estar nos ´postos de caebza¨, de destacou a importancia de que o público asistente se coloque nos lugares axeitados ¨ para unha maior seguridade¨.