Campionato Autonómico Open de Madrid
Sete medallas para o Club Ximnasia Pavillón no OPEN de Madrid
Ourense
O equipo de Trampolín Club Ximnasia do Pavillón, foi invitado pola Federación Madrileña para participar no, Open da Comunidade de Madrid, onde participou xunto con 11 ximnastas do equipo de élite que este sábado 14 de maio se desprazaron ao Pavillón Cerro Buenavista.
Os resultados máis destacables dos ximanastas ourensáns foron:
María Salas Cid,(14anos): 1ª en DMT categoría sub-15.
Lucas Domuro Arias (16 anos):1º en TR e 1º en DMT masculino absoluto
Diego Feijóo González(17anos):3º en TR masculino absoluto.
Noa Puente-Doad Álvarez: 3ª en DMT feminimo sub-15
Marta Rodríguez Cancio.(10 anos) 3ª en TR categoría sub -15
Comeza así a tempada competitiva dos equipos de Trampolín do CXP. Esta mesma semana o equipos de base desprazouse a Valladolid para participar tamén no Campionato Autonómico de Valladolid.
No vindeiro mes de xuño os días 4 e 5 disputarán en Vigo o Campionato Galego de Trampolín.