"Bautiza unha vaca"
Es una de las actividades que pone en marcha la plaza de abastos número 1 para los próximos días dentro de la campaña "Quere o teu mercado"
Ourense
No marco de Quere o teu comercio desenvolveranse distintas propostas para visualizar e promocionar as prazas como pezas clave do comercio de proximidade. Entre as actuacións específicas promovidas pola Xunta xunto co sector celebrarase o vindeiro sábado 28 de maio o Día do Mercado, poñendo en valor a calidade e a profesionalidade das prazas galegas.
Na praza de abastos de Ourense están previstas diferentes actuacións musicais, actividades para os máis pequenos ou degustacións centradas en produtos do mercado. Ademais, o día 25 de maio celébrase o día da Defensa do sector lácteo galego, coa colaboración da Consellería do Medio Rural, no que se promoverá a marca Galega 100%.
Quere o teu mercado (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong, Estados Unidos e Canadá. A iniciativa leva este ano a nivel internacional o lema “Mercados, a túa opción saudable!”, facendo fincapé sobre a contribución das prazas de abastos tanto a unha alimentación equilibrada como á creación de riqueza e emprego.