Economia y negocios | Actualidad
CONCELLO DE OURENSE

O Concello traballa na implantación do carril bici

A concellería de Infraestruturas acolleu a primera reunión, con colectivos procedentes da Mesa de Mobilidade, co fin de ir artellando un proxecto de conxunto que culmine coa implantación efectiva do carril bici da cidade

A concellería de Infraestruturas acolleu a primera reunión, con colectivos procedentes da Mesa de Mobilidade / Concello de Ourense

A concellería de Infraestruturas acolleu a primera reunión, con colectivos procedentes da Mesa de Mobilidade

Ourense

O Concello de Ourense traballa de xeito decidido na implantación futura do carril bici da cidade. Así, a Concellería de Infraestruturas acolleu esta mañá a primeira reunión para este fin, na que participaron diferentes colectivos procedentes da mesa de mobilidade.

Neste primeiro encontro de traballo participaron colectivos como Masa Crítica, representantes técnicos da Policía Local (organismo que terá que emitir os informes técnicos pertinentes para a súa implantación) e da Concellería de Infraestruturas, departamento municipal responsable da súa posta en marcha. Tamén estivo presente Javier Barreal, recoñecido experto na materia que ten profundizado no estudo da futura implantación do carril bici na cidade, tal e como sinalou o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo.

Tal e como puxo de manifesto o concelleiro ao término da reunión, “este goberno está a traballar intensamente para acadar un proxecto de cidade, un proxecto de conxunto que someteremos aos pertinentes informes técnicos para implantar o carril bici de xeito gradual, como está sucedendoen todas as cidades que gozan dunha notoria calidade de vida e dunha mobilidade sostible e eficiente”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00