Desafío 42 Ourense Termal
Esta proba atletica disputarase nos concellos de Maceda, Ourense e Allariz

Na contorna termal de As Burgas, na capital ourensá, coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o alcalde de Maceda, e os concelleiros de Deportes de, Allariz e Ourense, así con patrocionadores e organización presentouse a pr / Pepe González

Ourense
A carreira, que chega a súa terceira edición, correrase en tres etapas de 6, 15 e 21 kilómetros, e ten como obxetivo promover o atletismo e difundir a riqueza termal e paisaxistica da provincia ourensá.
A Deputación de Ourense promove a terceira edición da carreira ¨ Defasío 42 Ourerense Termal ¨, unha proba na que os participantes percorrerán 42 quilómetros en tres carreiras, que se dispuarán os días 14 e 15 de maio nos concellos de Maceda, Ourense e Allariz.
O presidente do goberno provincial destacou que esta proba, ¨ademáis do atletismo, abrangue a promoción dos concellos pola que discorre e tamén pon en valor a riqueza termal que posúe a nosa provincia. Deporte, Ourense e Termalismo, tres verbas unidas que conflúen neste evento deportivo, que xurde da man da cooperación entre o ámbito público e o privado para achegar á cidadanía os valores do deporte e a promoción do noso territorio ¨, afirmou Manuel Baltar.