Gastro | Ocio y cultura
GASTRONOMÍA

A 5ª edición do concurso 'Sabores de Ourense Primavera 2016' celebrarase do 22 de abril ao 8 de maio

Os premios oficiais do concurso son 3 do xurado profesional, 3 do público, o premio da prensa e o premio Pincho Celíaco

La mayor parte de los establecimientos participantes en el concurso de pinchos estarán en el casco viejo / Radio Ourense- Cadena Ser

La mayor parte de los establecimientos participantes en el concurso de pinchos estarán en el casco viejo

Ourense

O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu unha das presentacións máis gorentosas e apetecibles da semana: A 5ª edición do concurso Sabores de Ourense – Primavera, organizada conxuntamente polo Concello de Ourense, a través da Concellería de Turismo e Termalismo, e a Unión de Hosteleros Ourensanos (UHO), e que este ano terá lugar do 22 de abril ao 8 de maio. Na presentación desta mañá participaron o alcalde, Jesús Vázquez, e o secretario da UHO, Javier Outomuro.

Como cada primavera, o requisito imprescindible para participar é que os pinchos estean elaborados con materias primas frescas e de tempada, de produción integrada ou ecolóxica, buscando potenciar así os produtos locais. O importe máximo dos pinchos será 2,50 €: prezos moderados para que todo o mundo poida achegarse a saborear estes petiscos.

Nesta edición participarán 39 establecementos, a maioría concentrados na zonas dos Viños e no Ensanche, e como é habitual tamén nas dúas instalacións termais. Como novidade, un establecemento debutante: o Dieciocho da rúa Curros Enríquez. E un que regresa: A Casa do Pulpo volve participar no seu emprazamento da rúa Xoán de Austria logo do incendio que a obrigou a pechar.

Tal e como explicou o alcalde, esta edición de Primavera está englobada dentro da campaña turística conxunta que a Concellería de Turismo elaborou canda a celebración dos Maios, declarada festa de interese turístico. Datas nas que tamén a actividade cultural é intensa coa celebración da Miteu e coa axenda habitual desta cidade.

“Hai que lembrar a promoción con Renfe para que todos os visitantes que queiran achegarse en tren a Ourense esa semana se beneficien dun desconto do 30% no billete”, recordou Jesús Vázquez. As instruccións están na web do Concello de Ourense e tamén en www.turismodeourense.com

En breve poderase consultar toda a información sobre locais e pinchos no blog que se habilitará nos vindeiros días dentro da páxina web da Concellería, no enderezo www.saboresdeourense.turismodeourense.com/primavera2016

Os premios oficiais do concurso son os 3 outorgados polo xurado profesional, os 3 concedidos polo público, o premio da prensa e o premio Pincho Celíaco, outorgado pola delegación ourensá Asociación Galega de Celíacos, ao que optarán todos os pinchos que non empreguen glute na súa elaboración.

Cómpre lembrar que o público que deposite o seu voto nas urnas colocadas nos establecementos participantes -logo de encher a papeleta cos tres pinchos-entrará no sorteo de distintos agasallos cos que se premiará a súa fidelidade. Haberá agasallos tamén para os participantes que descarguen a app SaboresdeOurense, para iOs e Mac, e voten polos seus favoritos a través dela.

Entre as entidades colaboradoras destaca o CRDO Ribeiro e, moi especialmente, a Praza de Abastos, institución coa que o Concello mantén a súa colaboración desde Xantar.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00