Castelao nos 62 concellos da provincia
Un programa de exposicións, concertos e obradoiros que contribuirá a complementar as programacións culturais locais, co obxecto de chegar a toda a poboación da provincia

CADENA SER

Pontevedra
A Diputación apostou pola integración e a accesibilidade na súa programación de actividades do Ano Castelao nos 62 concellos da provincia.
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Castelao nos 62 concellos da provincia
Un programa de exposicións, concertos e obradoiros que contribuirá a complementar as programacións culturais locais, co obxecto de chegar a toda a poboación da provincia. O deputado provincial, Xosé Leal puxo o acento no feito de que este ano, ademais de chegar á totalidade dos concellos, tamén se apostou por incluír as novas tecnoloxías e pola integración e a accesibilidade das persoas con dificultades auditivas. No eido da accesibilidade, dúas das exposicións programadas contemplarán o uso de audioguías e signoguías, para cuxa realización se contou coa colaboración da Organización de Xordos de Galicia, XOGA.