Música

Pechada a inscripción dos Premios Martín Códax da música, comenzan as votacións.

Santiago de Compostela

A pesares do cambio de calendario, o certame acadou un novo éxito de participación con case 450 inscritos, superando a anterior edición -na que se alcanzaran 360- e confirmando que estes premios continúan a encher un baleiro que era necesario cubrir. Destacan o despegue da canción de autor con 46 inscritos e a boa acollida da música vocal, as categorías engadidas na 2ª e 3ª edición respectivamente, e que contribúen a darlle maior visibilidade cada ano á gran cantidade, calidade e diversidade dos proxectos musicais galegos.

A categoría de rock volve ser a máis numerosa con 60 inscritos. Ademais, destaca o despegue da Canción de Autor con 46 participantes e a boa acollida da Música Vocal con 22 proxectos en competición. Estas dúas categorías foron as incorporacións da 2ª e 3ª edición respectivamente, e veñen a respaldar a decisión de MAV de convocar un amplo número de categorías para darlle visibilidade a proxectos que doutro xeito seguirían sen coñecerse ou quedarían diluídos entre as músicas máis populares. Canto ao resto de categorías, hai 34 inscritos en Pop; 23 en Blues; 24 en Jazz; 11 en Hip Hop; 24 en Clásica; 30 en Folque; 25 en Músicas do Mundo; 22 en Infantil; 16 en Electrónica; 19 en Metal; 13 en Reggae; 10 en Orquestras e Músicas de Verbena; e 14 en Tradicional.

 A través dun proceso de votación online e privado a través da web www.premiosmartincodaxdamusica.com, as socias e socios de Músicos Ao Vivo elixirán primeiro entre o 1 e o 27 de marzo e o aos 3 finalistas de cada unha das categorías existentes, que se farán públicos o 7 de abril durante a Festa de Nomeados que se celebrará, como cada ano, nas Bodegas Martín Códax, en Cambados. Nunha nova quenda de votacións, entre e o 8 e o 20 de abril, os socios e socias de Músicos ao Vivo decidirán @s premiad@s de entre os tres finalistas de cada categoría.

Os gañadores coñeceranse o 28 de abril no transcurso da Gala de Entrega de Premios que terá lugar un ano mais no Pazo da Cultura de Pontevedra. Para facerse soci@ de Músicos ao Vivo e poder participar nos dous procesos de votación so é preciso ser músico e asociarse en www.musicosaovivo.com.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00