El Partido Popular de Poio llevará al próximo Pleno una moción para incentivar el empadronamiento
Conseguir ser concello de primeira en 2020, superando os 20 mil habitantes
O Instituto Galego de Estadística, acaba de indicar que Poio conta con 17.094 habitantes ( gañou 88 ). Dende o Partido Popular, Angel Moldes, está convencido de que hai determinados núcleos nos que os veciños constan coma residentes noutros municipios.
Explicando as melloras e ventaxas, Angel Moldes dí que o seguinte paso sería centrarse nesa veciñanza non censada con campañas a traveso de asociacións e colectivos. Dous anos serían suficientes. Para traballar os dous seguintes con bonificacións, baixada de impostos e publicidade do concello, animando ós que viven fora para que fiquen en Poio. Así cumplirían o obxectivo: 20 mil habitantes no ano 2020. Pasando a ser un concello de primeira, Poio aumentaría os ingresos do Estado e da Comunidade, mellorando os servizos