3ª Edición dos Premios Martín Códax da música
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/YZEM675XENL2VE4Q4N3MKIBG7E.jpg?auth=b4fe428bbbfd23aa751b56e8931a4d1e5551420ebf5bb2e298ff7db8f00a876e&quality=70&width=736&height=414&smart=true)
undefined
Santiago de Compostela
Presentouse en Santiago a terceira edición dos Premios Martín Códax da Música. O acto, que tivo lugar no Salón Teatro, contou co respaldo de Jacobo Sutil, director da AGADIC; Anxos Riveiro, concelleira de Cultura de Pontevedra; e María Garrido, directora de Marketing das Bodegas Martín Códax; que xunto con Ramón Bermejo, voceiro de Músicos Ao Vivo (MAV), mostráronse satisfeitos pola consolidación do certame, e ilusionados ante unha nova convocatoria que volve achegar novidades para intentar adaptarse á realidade que demandan os músicos e músicas do país. A presentación deu comezo cunha pequena intervención musical a cargo d’A PANADARÍA TEATRO, que realizaron un acuófono con botellas, caixas e corchos de viño MARTÍN CÓDAX. As integrantes desta compañía combinan a súa faceta de actrices coa de músicas, motivo que xunto co humor, a orixinalidade e a perspectiva de xénero levou a MÚSICOS AO VIVO a escollelas para protagonizar o vídeo de lanzamento e conducir a gala de entrega de premios deste ano que volverá celebrarse no Pazo da Cultura de Pontevedra o 28 de abril.
A continuación, na rolda de intervencións, o voceiro de MAV desgranou as claves desta convocatoria que ten como gran novidade a categoría de COROS E MÚSICA VOCAL e que xurde, segundo as súas palabras, para “abrir as portas dos premios a mais de 15.000 músicos e músicas deste país que forman parte de proxectos de canto coral, desde as tradicionais corais ata os pequenos grupos vocais que están a xurdir nos últimos anos en Galicia. A inscrición está aberta para todolos que desexen participar en PREMIOSMARTINCODAXDAMUSICA.COM