Política | Actualidad

Mini: "Temos que representar dunha puta vez este país en Madrid"

O ex alcalde Boimorto, apartado do cargo por unha moción de censura, ovacionado no Encontro Cidadán por unha Marea Galega

O ex alcalde de Boimorto, Xosé Luís Rivas, Mini (BNG), foi ovacionado polos participantes no Encontro Cidadán por unha Marea Galega. Días despois de ser apartado do cargo por unha moción de censura asinada polo PP e un tránsfuga do PSOE, Mini colleu o micrófono como se estivese sobre un dos centos de escenarios que pisou desde que comezara a súa traxectoria musical polos anos 70, e díxolles aos asistentes ao conclave compostelán o que moitos deles desexaban oír. O antigo mestre falou con claridade. "Que falemos, que falemos, que falemos... Que falemos ata rebentar, pero que cheguemos a un acordo; e o acordo é representar en Madrid dunha puta vez este país".

Mini: 'Representar en Madrid dunha puta vez este país'

00:24

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Preto de 300 persoas pertencentes a partidos políticos, gobernos locais ou entidades sociais como a Marea Branca ou Stop Desafiuzamentos— debaten en Santiago como artellar unha candidatura de unidade popular galega de cara ás eleccións municipais. Pese ás diferencias actuais, que parecen facer inviable unha lista na que conflúan Podemos e BNG, os impulsores do encontro "confían" en que finalmente se acade e prometen "traballar ferozmente" para conseguilo.

Gonzalo Rodríguez: 'Só unha candidatura'

00:25

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00