Ocio y cultura

Manuel María, protagonista do Día das Letras Galegas

O vindeiro 17 de maio conmemorarase tamén o centenario das Irmandades da Fala

Santiago de Compostela

"O poeta nacional", un "xigante" das letras, o iniciador da chamada Escola da Tebra... Manuel María (Outeiro de Rei, 1929 - A Coruña, 2004) foi o elixido para protagonizar o Día das Letras Galegas de 2016, o ano no que se conmemora o centenario das Irmandades da Fala.

"Manuel María encaixa perfectamente dentro do espírito, da acción, da letra e a música das Irmandades". Así o dixo o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, ao anunciar cal fora o designado entre os tres autores finalistas (os outros dous eran Xela Arias e o eterno aspirante, Carvalho Calero), unha decisión "difícil", tomada por maioría, que deixa á Academia "especialmente satisfeita, alegre e entusiasmada".

Tras a polémica deste ano en torno á figura de Filgueira Valverde, Manuel María aparece como unha aposta segura. Alonso Montero agarda que a súa elección traspase os muros da Academia -como sucedera con Vidal Bolaño ou Lois Pereiro- e sexa "un triunfo para a normalización". Non en van, o autor de Muiñeiro de brétemas ou Terra Cha é "un dos poetas máis cantados da literatura galega, quizais non tanto como Rosalía de Castro, pero si ao nivel de Curros Enríquez ou Celso Emilio Ferreiro".

Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María (A Vivir Galicia)

08:12

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

O Concello da Coruña, a Mesa pola Normalización Lingüística ou a Deputación de Lugo xa amosaron a súa satisfacción pola elección de Manuel María.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00