A Gaita máis antiga do mundo está en Campañó, Pontevedra
O músico e artesán Pablo Carpintero, presentou un método matemático desenvolvido pola UVigo para calcular a antigüidade dunha gaita. Parte do feito de que o roce dos dedos ó tocar, produce un desgaste na madeira. O Museo de Pontevedra permitiu analizar a gaita atribuida a Manuel Villanueva. A segunda gaita máis antiga. A Gaita de Xan de Campañó consérvaa a súa bisneta na casa familiar. Só a tocaron os homes da familia. A neta e a bisneta do Gaiteiro de Campañó gostan de escoitar o instrumento musical pero non saben tocalo
Hai unhas semanas, o músico e artesán Pablo Carpintero, daba a coñecer no Museo de Pontevedra os seus traballos baseados nun cálculo aritmético. A investigación desenvólvese no Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural da Universidade de Vigo. O obxectivo era documentar a antigüidade de gaitas fol que semellaban ter moito tempo.
Ate o de agora, museos como o de Pontevedra rexistran este dato a traveso da documentación que se achega se é o caso, có instrumento. Por iso pedimos a Erea Castro, como Conservadora dos Fondos Etnográficos e Numismáticos no Museo de PontevEdra, que nos amose as tres gaitas que aquí se gardan. A investigación que desenvolve Pablo Carpintero, forma parte do Programa de Doutoramento en Protección do Patrimono da UVigo.
Unindo o método aritmético é a Proba de Carbono 14, a gaita atribuida a Manuel Villanueva ven a ser a máis antiga que se conserva, ollo, nun museo. Pero se o museo ten a segunda gaita máis antiga, fáltanos a primeira. Resulta que está en Campañó, Pontevedra. Para chegar a isto hai moito traballo detrás.
Vermú con SER - A gaita máis antiga do mundo está en Campañó, Pontevedra (08/05/2022)
21:27
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Primeiro localizar as gaitas que se poden someter a estudo. A gaita de Xan Tilve, non está no museo, está na casa dos Tilve, en Campañó.Xan Tilve pasoulla ó seu fillo. Este , ás suas fillas. Agora a que a garda, con máis agarimo se cabe, é Marilé Salgueiro, que ven sendo bisneta de Xan de Campañó. Marilé gosta do son deste instrumento, pero non sabe tocala.Sabe apreciala, e moito, igual que súa nai.
Có permiso de Pablo Carpintero, imos a onde colga os seus traballos en Youtube, e marchamos escoitando a Gaita máis Antiga do mundo, a gaita de Xan de Campañó, tocada polo propio artesán e músico, Pablo Carpintero.
Agradecementos a:
- Pablo Carpintero, músico e artesán.
- Marilé Salgueiro Tilve, a bisneta de Xan de Campañó por deixarnos fotografar a Gaita máis antiga do mundo para amosar no web de Radio Pontevedra.
- Erea Castro, Conservadora dos Fondos Etnográficos y Numismáticos del Museo de Pontevedra.