Marea Atlántica pedirá en María Pita recomendar a Luísa Villalta como homenaxeada no Día das Letras Galegas
A escritora feminista destaca pola súa literatura e a súa loita pola normalización lingüística
A Coruña
Marea Atlántica levará ao Pleno do Xoves a posibilidade de que o Concello presente á Real Academia Galega a Luísa Villalta, feminista coruñesa e activista cultural, como autora á que homenaxear no Día dás Letras Galegas.
Orixinaria da Coruña, Villalta foi profesora de galego en Sada onde tamén impulsou a creación da biblioteca do instituto Isaac Díaz Pardo. Escritora de poesía, narrativa, teatro e ensaio a súa obra destaca pola a súa mirada feminista.