Sociedad

Concurso de debuxo para festexar o Día da Nai, da familia

Haberá premios para os máis imaxinativos.

Concurso de debuxo do Día da Nai, da Familia. / Red

Concurso de debuxo do Día da Nai, da Familia.

Radio Ribeiro

Desde o Concello de Ribadavia queren animar aos máis cativos, ata 12 anos, a que envien debuxos, dando renda solta á imaxinación e creatividade en torno aos seus seres queridos.

O obxectivo é fomentar a imaxinación, a concentración e promocionar tamén a lectura, xa que os premios consistirán en material escolar e libros adaptados á idade dos participantes.

Poden facer chegar as creacións, mediante foto ao correo cultura@ribadavia.es ou depositando o debuxo na Casa do Concello. Os datos persoais deberán aportarse de maneira separada, sen incluír no debuxo. O prazo é ata o día 3 de maio.

As bases do concurso se poden consultar na páxina: https://ribadavia.gal/concurso-de-debuxo-dia-da-familia-nai/.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00