Plan para a implementación dos ODS a nivel municipal na Guarda
O plan e accións que se programan faranse públicas a finais deste ano 2022

NP 25042022 Plan para a implementación dos ODS a nivel municipal na Guarda / ICSEM

Vigo
O Concello da Guarda a través do Fondo Galego de Cooperación, acaba de dar comezo a elaboración do Plan para implementación dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible a nivel local para os próximos tres anos.
Para esta labor o Concello estará guiado polo equipo de profesionais da empresa contratada polo Fondo Galego de Cooperación, o ICSEM.
Todo este traballo terá diferentes fases ao longo deste tempo, partindo dunha análise diagnóstico, coa revisión de información, elaboración de mapa de axentes sociais, enquisas, etc. A partir desta análise elaborarán accións concretas que poidan implantarse nos próximos 3 anos para avanzar no cumprimento da Axenda 2030.
O plan e accións que se programan faranse públicas a finais deste ano 2022.