Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Deputación revalida o seu apoio ao Marisquiño e aproba o convenio co Concello

A institución provincial financia con 180.000 euros o encontro de cultura urbana que actúa como foco de atracción dun turismo deportivo, sostible e respectuoso

Carmela Silva / Rafa Estevez

Carmela Silva

Vigo

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe o convenio de colaboración co Concello de Vigo para financiar O Marisquiño 2022, o festival de cultura urbana por excelencia en Galicia e no Estado, “recoñecido a nivel internacional” como apuntou a presidenta Carmela Silva, e que forma parte da marca provincial Rías Baixas Fest. A Deputación aportará 180.000 euros para a nova edición deste ano que terá lugar os días 12, 13 e 14 de agosto na cidade de Vigo.

O Marisquiño, que se celebra en Vigo dende hai 21 anos, recuperará este ano toda a súa forza tras dous anos nos que non se puido celebrar no seu formato habitual debido á situación sanitaria. O festival actúa como un foco de atracción turística e promociona a cidade ao conxunto da provincia como referente do turismo deportivo, sostible e respectuoso que impulsa a Deputación nas súas actuacións.

As cifras que deixou o festival no 2019, a súa última edición antes da pandemia, foron reveladoras: 160.000 persoas visitantes, 1.300 riders dunha trintena de países dos cinco continentes e un retorno económico de preto de 20 millóns de euros. Ademais, tamén tivo unha gran repercusión mediática ao chegar por streaming a máis de medio centenar de países e xerar máis de oito millóns de impactos nas redes sociais cunha repercusión nacional e internacional tamén en medios audiovisuais e escritos de gran audiencia.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir