Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
A Guarda

A Guarda e Caminha presentan as Andainas de Primavera 2022

Contarán con 4 rutas nesta primavera 2022

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda; Miguel Alves, Presidente da Câmara Municipal de Caminha,

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda; MiguelAlves, Presidente da Câmara Municipal de Caminha,

Vigo

Na xornada do martes día 5 de abril de 2022 tivo lugar na Casa dos Alonso da Guarda a presentación das Andainas de Primavera 2022, organizadas conxuntamente entre o Concello da Guarda e a Câmara Municipal de Caminha.

Estas andainas, que gozan dunha ampla participación en ámbalas dúas ribeiras do Río Miño, contarán con 4 rutas nesta primavera 2022 e veñen a retomar as andainas que se organizaban cada ano ata que a pandemia da COVID-19 impediu a súa celebración.

No acto de presentación estiveron presentes Antonio Lomba, Alcalde da Guarda; Miguel Alves, Presidente da Câmara Municipal de Caminha, así coma concelleiros e vereadores de deportes de ámbolos dous municipios e medios de comunicación.

Para Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, estas andainas constitúen novamente unha aposta polo deporte e pola organización de actividades de xeito conxunto coa vila veciña de Caminha, coa que tanto mantemos relación, un paso máis na unificación dos territorios transfronteirizos da raia Galicia/Portugal.

En palabras de Miguel Alves, Presidente da Câmara de Caminha, é unha boa oportunidade de compartir experiencias de xeito conxunto, despois da parada obrigatoria debido á pandemia da COVID-19, unha vez máis os pobos veciños da Guarda e Caminha traballan de xeito unificado na realización de actividades para o goce da cidadanía galega e portuguesa.

As Andainas de Primavera 2022 contan con 4 rutas en total entre o 30 de abril e o 9 de xullo, nas que visitaranse o Trillo da Serra d´Arga(Caminha), a PR-G 93 Ruta da Ribeira do Ulla(Touro), o Trilho da paisagem protexida Corno do Bico(Paredes de Coura) e o Sendeiro Natural Aciveiro(Forcarei).

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00