Copa Federacións Ximnasia Estética en Barbadás
O domingo día 3 de abril, no Polideportivo de Barbadás, terá lugar a 1ª Fase da Copa Federacións de Ximnasia Estética

Pavillón

Nesta primeira Fase haberá presencia de equipos da Federación Madrileña e Murciana, ademáis da Galega. Os equipos das categorías benxamín, alevín, alevín, infantil, junior e senior buscarán un posto de podio nesta Fase e a suna de nota para a clasificación final tras as dúas restantes fases. Previsiblemente a II Fase terá lugar en Ourense e III Fase será en Madrid.
Os clubs Pavillón fan aposta firme por esta modalidade con dous obxectivos fundamentais: como un modo de traballar a expresión e corrección corporal aplicable á rítmica e como modo de estirar o máis posible a práctica da ximnasia. O Pavillón Ourense, presentan tres equipos.