Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Salud y bienestar | Ocio y cultura

Regina Basadre, doutora: “A sociedade só valora o produtivo e as persoas temos valor sempre”

A charla sobre o obradoiro “Cómo vivir a vellez hoxe. Alternativas para un bo envellecer” volta á Coruña

Entrevista a Regina Basadre, coordinadora del taller 'Como vivir a vellez hoxe' (29/03/2022)

10:36

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

Cando as persoas comezan a ollar nos seus horizontes a xubilación, chegan ao seu pensamento grandes preguntas vitais, unha por riba de todas: e agora que?

Ganas de facer o que non puidemos nalgúns casos, de descansar noutros, incertidume ás veces, parálise de non saber como levar o parón, novas obrigas que o sistema impón, sensación de dependencia…

De todo iso se vai falar nun obradoiro que se desenvolverá nos vindeiros meses grazas ao Centro Marie Langer especializado en intervención comunitaria, que promove actividades cuxo obxectivo é fomentar a nosa capacidade de preguntarnos e buscar o pensamento crítico.

Hoxe no local da Asociación de Veciños da Agra, na rúa Entrepeñas, a partir das 7 e media da tarde terá lugar unha charla informativa máis repousada explicando en que consistirá ese taller chamado “Cómo vivir a vellez hoxe. Alternativas a un bo envellecer” supervisado por Regina Basadre, médica de atención primaria especialista en procesos correctores comunitarios.

Basadre coida que a terceira idade é unha etapa moi ampla e heteroxénea, “dende xente de 65 anos cunha saúde aceptable, ata xente con 90 con diferentes rangos de dependencia” pero cun denominador común: “é unha etapa da vida que se vive con certa negatividade, con frases coma 'non quero ser unha carga, xa non vaio…' Ser maior é unha etapa máis, temos que decatarnos de que eses pensamentos teñen que ver co rol que se lles dá aos maoires na sociedade. A sociedade só valora o produtivo, dándolle un lugar de primeira orde polo que esta etapa non ten demasiado valor, e as persoas temos valor sempre”.

O obradoiro preséntase como unha oportunidade de pensar cara adentro, pero tamén dende a colectividade. Un bo exemplo do que se pode conseguir foi a campaña ”Soy mayor, no idiota” dun médico valenciano de 78 anos que logrou cambios respecto da desatención dos maiores na banca. “Falar das cousas en colectivo dá un certo empoderamento e é importante colectivizar, presentar iniciativas conxuntas e crear un contraconsenso”, reflexiona a doutora.

Entre os temas que se van tratar, Basadre destaca as relacións coa familia, a vivenda en caso de dependencia ou a diferenza entre homes e mulleres nesta etapa: “o home ás veces sente que estorba mentres que as mulleres, nese papel de coidadoras, lévano mellor pero á vez iso supón unha carga”.

Regina recoñece que no tempo que dura a charla só se poden dar unhas pinceladas. Pero son suficientes para coñecer a súa proposta que pasa pola reflexión conxunta de que outro envellecemento é posible.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00