"Concilia na Pascua" en Ribadavia
A iniciativa vai dirixida a familias con nenos entre os 3 e os 14 anos.
Radio Ribeiro
O Concello de Ribadavia organiza o “Concilia na Pascua” coa finalidade de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños da localidade.
Trátase dun programa que compaxinará actividades educativas e lúdicas. A iniciativa vai dirixida a familias con nenos entre os 3 e os 14 anos. O período da actividade comprende os días 11, 12, 13 e 18 de abril. As xornadas desenvolveranse de luns a venres e con horario de 09,00 a 14,00 horas.
O número de prazas será de inicio de 30, pero desde o Concello confirman que será posible aumentar o seu número sempre que haxa demanda.
O próximo luns comezará o prazo de solicitude, será do 29 de marzo ao 7 de abril. O prezo é de 20 euros para os empadroados en Ribadavia e de 40 para os non empadroados, ademáis as familias numerosas, monoparentais, nenos con algún tipo de discapacidade e por o segundo irman ou máis, será de 10 euros aos empadroados e de 30 ao resto de participantes.