Gastro | Ocio y cultura

Volve a Feira do Viño

Aberto o prazo de inscrición para Adegas e Colleiteiros

Fin de semana de rutas do viño, degustacions e descanso entre viñedos / Flickr.com

Fin de semana de rutas do viño, degustacions e descanso entre viñedos

Radio Ribeiro

A Feira do Viño do Ribeiro terá lugar os días 29 e 30 de abril e 1 de maio, volvendo ao formato presencial de sempre na Alameda de Ribadavia, abre o prazo de inscrición para Adegas e Colleiteiros ata o xoves 10 de marzo ás 14 horas.

O Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro, entidades organizadoras da Feira do Viño, comunican que a presente edición, que será a 59ª, volverá ao seu formato de sempre no recinto da Alameda de Ribadavia, e tamén as súas datas de sempre.

Xa tuvo lugar a primeira xuntanza con Adegas e colleiteiros no Concello de Ribadavia, a quen se lles trasladou o formato, datas e prazos para esta nova edición da Feira do Viño Ribeiro.

A previsión de participación é moi positiva para esta edición, despois de dous anos sen poderse celebrar a causa da pandemia. Así, nin en 2020 nin en 2021 foi posible a celebración da Feira do Viño de forma presencial e aberta.

A programación irase dando a coñecer nas vindeiras semanas, así como o cartel, que se fará a través dun concurso. Nos vindeiros días daranse a coñecer máis novidades e información sobre o evento.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00