Encontro interxeracional de mulleres mosenses entre os 89 e os 30 anos con alumnado do IES de Mos
A xuntanza formou parte da programación municipal conmemorativa do Día Internacional da Muller
Día Internacional de la Mujer
Vigo
Mos continúa hoxe conmemorando o Día Internacional da Muller. Onte pola mañá homenaxeábase na Praza de Abastos do Porriño ás PEIXEIRAS, e pola tarde no Pazo de Mos ás grandes loitadoras que se abriron un oco nun mundo de homes: as pioneiras mosenses da industria no municipio.
E hoxe o alumnado do IES de Mos tivo a honra de contar cos testimonios, as ensinanzas e o exemplo de vida doutras 4 mulleres loitadoras mosenses, con idades comprendidas entre os 30 e os 89 anos. ELAS SON:
- CELIA IGLESIAS BLANCO: 89 años. De Dornelas. Nadadora.
- ÁUREA LORENZO CARRERA . 70 años, De Sanguiñeda. Compoñente de Malvela.
- MÓNICA SUAREZ SAAVEDRA. 46 años; Pereiras. Pertence ao Grupo de teatro en Igualdade do Concello de Mos.
- INÉS ALONSO GONZÁLEZ, 30 años, Enfermeira do Centro de saúde De Mos e compeñente da banda de Música de Torroso.
As moderadoras deste acto celebrado no auditorio do Multiusos das Pozas foron Laura, compoñente do grupo musical Girl’s Gang e Ana María Rodríguez Cabaleiro, Xurídica do CIM, Centro de Información á Muller do Concello de Mos. Ao remate do mesmo os rapaces e rapazas do instituto, acompados das súas mestras e da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, camiñaron ata a Praza do Concello con pancartas reivindicativas.
A rexedora local mosense quixo, na súa intervención desta mañá, darlle a “noraboa a todo o equipo do IES, do CIM en especial á súa Xurídica que hoxe nos acompaña, Ana Rodríguez Cabaleiro e á Concellería de Igualdade en especial á miña compañeira Sara Cebreiro pola xenial idea de organizar este encontro interxeracional que tan enriquecedor resulta para todos”.
As catro mulleres protagonistas da xuntanza desta mañá destacan en ámbitos tan variopintos coma o deportivo, o musical, o artístico e da interpretación e o sanitario. Son mulleres que poderían ser as bisavoas, avoas, nais ou irmáns do alumnado asistente.
E que son un exemplo de, tal e como declaraba Arévalo “LOITA, pois algunhas emigraron buscando un traballo, daban a luz na casa e ao día seguinte tiñan que ir traballar… TESÓN e AUTOSUPERACIÓN por pertencer, as máis maiores, a xeracións nas que os homes ían á escola e elas traballaban… TRABALLO dentro e fóra da casa tendo que compaxinar a profesión co coidado da familia e a súa faceta artística, triplicando esforzos; e SACRIFICIO nalgúns casos, ao verse na obriga de deixar de traballar e de desenvolverse profesionalmente para coidar dos fillos”.
“ELAS representan a tantas e tantas mulleres mosenses das que temos que estar orgullosas e agradecidas”, concuíu a alcaldesa.
O acto rematou coa entrega dun ramo de flores a cada unha das protagonistas entrevistadas, por parte das mulleres da Corporación Municipal e da directora do CIM e psicóloga municipal, Elena Bastos Expósito, e a xurídica do CIM, Ana Mª Rodríguez Cabaleiro.